Thursday 09 de May de 2024

O sábado abre a pista de xeo e as atraccións infantís de nadal


O vindeiro sábado 10 de decembro o Concello abre a pista de xeo e as atraccións infantís de nadal que estarán instaladas na polideportiva da avenida da II República, no alto de Perillo. Tamén haberá atraccións en Santa Cruz, pero debido á celebración da festa de Santaia de Liáns non abrirán ata o día 17.

A partir do luns 12, o Concello levará polas mañás o alumnado dos colexios de primaria á pista de xeo. Será unha actividade que financiará o Concello na súa totalidade e da que se beneficiarán 1.500 nenos e nenas.

Para o público en xeral, o horario será de luns a xoves de 16:45 a 21:30 h, o venres de 16:45 a 22:15 h e a fin de semana de 11.00 a 23.00 horas. A partir do día 23 de decembro, a pista e as atraccións abrirán de 11.00 da mañá a 11.00 da noite, menos o 24 e o 31 (de 11.00 a 18.00 h) e o 25 e o 1 de xaneiro, que abrirán só pola tarde, de 18.00 a 23.00 h.

O acceso á pista custará 5 euros, que inclúe o aluguer dos patíns. Cada viaxe nas atraccións terá un custo de 1 euro.